Página principal

Ies de vilalonga


Descargar 4.38 Mb.
Página1/47
Fecha de conversión09.07.2016
Tamaño4.38 Mb.
  1   2   3   4   5   6   7   8   9   ...   47

IES Vilalonga



PROGRAMACIÓN DE LINGUA CASELÁ E LITERATURA

CURSO 2015-2016

IES DE VILALONGA

ÍNDICE


-INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN

-1º DE ESO

-2º DE ESO

-3º DE ESO

-ámbito lingüístico e social do Programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento de 3º

-4º DE ESO

-COMUNICACIÓN E SOCIEDADE II DE 2º CURSO DE FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

-EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA PERSOAS ADULTAS

-1º DE BACHARELATO

-1º DE BACHARELATO – LITERATURA UNIVERSAL

-2º DE BACHARELATO

-2º DE BACHARELATO – LITERATURA UNIVERSAL

-CONCRECIÓNS METODOLÓXICAS

-PLAN DE FOMENTO DA LECTURA

-TRATAMIENTO DAS TIC

-ANEXO PÁXINAS WEB DE LINGUA CASTELÁ E LITERATURA POR CURSOS E NIVEIS

-ORGANIZACIÓN DAS ACTIVIDADES DE SEGUIMENTO, RECUPERACIÓN E AVALIACIÓN DAS MATERIAS PENDENTES

-MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

-ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

-MECANISMOS DE REVISIÓN, AVALIACIÓN E MODIFICACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA EN RELACIÓN COS RESULTADOS ACADÉMICOS E PROCESOS DE MELLORA.
INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN

O Instituto de Vilalonga está situado na parroquia de Vilalonga, que pertence ao concello de Sanxenxo, ao sur da bisbarra do Salnés. Os alumnos do instituto proceden na súa maioría de Vilalonga,Noalla e Nantes, tamén parroquias do mesmo concello e con características semellantes.

A transformación do medio rural en urbano é rápida e aínda que na bisbarra se move moito diñeiro en transaccións urbanísticas, este reverte pouco nas economías familiares que se nutren de pequenos salarios: pensións e traballos mal remunerados en distintos sectores (hostalaría, construción, oficios do mar ou relacionados coa viticultura...), ademais da emigración. Os soldos son pequenos pero existe nos alumnos do instituto a percepción de que é doado gañar diñeiro. Moitos buscan traballo durante o verán na hostalaría. Reciben escasas pagas pero satisfactorias ao seu entender. Este feito anima os mozos a abandonar os estudos mesmo co apoio dos seus pais. Despois dos dezaseis anos unha porcentaxe alta abandona definitivamente o sistema educativo, a maior parte sen titulación de ESO e aínda que ultimamente, debido á crise moitos intentan reincorporarse, a maior parte acaba configurando o alumnado de FP básica ou dos grupos de educación de adultos, moitos deles con graves carencias nas destrezas de lectura e escritura entre outras.

1º DE ESO

1. INTRODUCIÓN

O papel heurístico das linguas constitúe un reto para o sistema educativo, pois son instrumento de comunicación e de interacción social, de conservación e transmisión de coñecemento, de participación cidadá na vida social, de investigación, creación, experimentación e descuberta. E as linguas achégannos ao xeito de vida e ás formas de pensamento doutros pobos e dos seus patrimonios culturais.

A lingua apréndese non para falar, ler ou escribir sobre a lingua, senón para falar, ler e escribir sobre emocións, afectos e aventuras, sobre o mundo, como medio das relacións interpersoais e recoñecemento da alteridade, motor do noso pensamento e das nosas reflexións, e porta de acceso ao coñecemento. Neste marco, a formación lingüística no contexto escolar é un instrumento para a equidade, xa que debe facilitar os medios necesarios para comunicar no ámbito educativo e na vida profesional e social, nomeadamente en contextos formais e educativos, ademais de sensibilizar cara a usos creativos e lúdicos das linguas, e achegar ao patrimonio literario e cultural que estas propician.

O Consello de Europa, a través de sucesivos proxectos, está comprometido nunha política lingüística dirixida a protexer e desenvolver a herdanza lingüística e a diversidade cultural de Europa como fonte de enriquecemento mutuo, así como a facilitar a mobilidade persoal dos seus cidadáns e das súas cidadás, e o intercambio de ideas. O Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER), publicado en 2001, é un documento de particular transcendencia, non só como ferramenta práctica para propiciar a reflexión sobre o ensino das linguas e a transparencia de cursos, programas e titulacións entre os estados e dentro deles, senón tamén polo recoñecemento da competencia plurilingüe e intercultural, que transcende o concepto de multilingüismo, no seu día piar dos enfoques das políticas lingüísticas máis abertas ao recoñecemento da diversidade. Hoxe, o MCER constitúe unha referencia para proxectos e documentos clave do Consello de Europa, como a "Guía para a elaboración e posta en marcha de currículos para unha educación plurilingüe e intercultural" (2010), na que se desenvolve a noción de plurilingüismo como eixe dun enfoque centrado na rede de relacións entre distintas linguas e culturas. Nesta mesma liña, enmárcanse o informe do Foro Intergobernamental Europeo "O dereito dos estudantes á calidade e á equidade en educación. O papel das competencias lingüísticas e interculturais", mantido en Xenebra en novembro 2010, e a Conferencia intergobernamental "Calidade e inclusión en educación: o papel único das linguas", mantida en Estrasburgo en setembro de 2013. En ambos os foros europeos, recoñécese a importancia da competencia lingüística e da circulación de competencias entre as linguas para lograr un maior dominio da linguaxe, clave para a inclusión social e o éxito escolar.

A educación plurilingüe e intercultural considera, con carácter xeral, a aprendizaxe de todas as linguas e culturas e, de maneira específica, os enfoques plurais transversais e integradores no seu ensino e na súa aprendizaxe. A súa finalidade é retirar barreiras artificiais entre as linguas, encerradas tradicionalmente nos sistemas escolares en compartimentos estancos, e promover o uso integral do repertorio lingüístico, discursivo, estratéxico e intercultural que posúe o alumnado e que vai adquirindo ao longo das súas diversas experiencias lingüísticas dentro e fóra do ámbito educativo. Xa que logo, o/a aprendiz plurilingüe realizará transferencias de coñecementos e experiencias lingüísticas adquiridos nunha lingua para abordar tarefas de comunicación, creación e aprendizaxe noutra lingua diferente. Esta capacidade de transferencia non só permite descubrir as regularidades dunha lingua total ou parcialmente descoñecida e relacionalas, desde o punto de vista teórico, coas regularidades observadas noutras linguas que coñece, ou identificar termos emparentados en todas as linguas, senón que, ademais, promove a tolerancia perante palabras descoñecidas, nomeadamente importante nos contextos de comprensión que necesitan a fluidez, como son a lectura extensiva e a comprensión de textos orais sen posibilidade de verificación do entendido. A competencia plurilingüe facilitará, daquela, a inferencia de significados e o desenvolvemento de competencias heurísticas eficaces para identificar os elementos esenciais e secundarios nun texto descoñecido.

Pola súa banda, mediante o diálogo intercultural póñense en xogo dispositivos de relación social esenciais, como son o recoñecemento do outro como lexítimo, o reforzamento da identidade propia no recoñecemento da identidade das demais persoas, a aceptación da diversidade persoal, social e cultural, e o respecto dos dereitos fundamentais.

No contexto escolar, a aprendizaxe das linguas está dirixida ao logro de obxectivos similares, aínda que con diferentes niveis de dominio. Por iso, un estudo integrado de todas as linguas posibilita, por unha banda, que os contidos, os procesos e as estratexias que se traballan nunha lingua sexan igualmente utilizados nas actividades lingüísticas de comprensión e produción nas demais e, por outra, que se poida focalizar, no proceso de ensino e aprendizaxe, nos elementos diferenciadores e en todos aqueles aspectos que teñen incidencia directa na capacidade de comunicarse adecuadamente. Así, o coñecemento morfolóxico ou léxico dunha lingua pode axudar á comprensión noutra lingua; as estratexias de comprensión de lectura desenvolvidas nunha lingua poden ser transferidas para a lectura noutros idiomas; o coñecemento da estrutura dos textos descritivos permitirá producilos en calquera lingua; e o coñecemento das normas que ordenan as relacións entre xeracións, sexos, clases e grupos sociais nunha lingua, informa e sensibiliza sobre a necesidade de coñecer e respectar as normas que rexen a dimensión social do uso da lingua noutra comunidade lingüística.

Por outra banda, o tratamento integrado das linguas debe considerar o punto de partida diferente de cada unha delas. Xa que logo, non se pode esquecer a situación de minorización da lingua galega, que cómpre atender e dinamizar adecuadamente. Con esa finalidade, é preciso favorecer o uso e a aprendizaxe desta lingua de xeito que se impulse a súa normalización e se venzan as dificultades da súa menor presenza e repercusión social, motivadas en moitos casos por prexuízos que é necesario desmontar e superar. O alumnado galego debe rematar a súa escolarización co nivel de usuario competente nas dúas linguas oficiais, galego e castelán, o que implica a utilización adecuada e eficaz das dúas linguas nun amplo repertorio de situacións comunicativas, propias de diferentes ámbitos, cun grao crecente de formalidade e complexidade.

Finalmente, a situación de sociedade multilingüe e plural na que vivimos solicita un enfoque metodolóxico de carácter plurilingüe que potencie o desenvolvemento comunicativo do alumnado nas linguas que adquira ao longo da súa vida, con independencia da diferenza de fins e niveis de dominio con que as utilice. E que os faga conscientes da riqueza que supón ser unha persoa plurilingüe para o desenvolvemento cognitivo e social, e o éxito escolar. Isto implica un tratamento integrado das linguas que o alumnado está a aprender nas aulas. No caso das áreas de Lingua Castelá e Literatura e de Lingua Galega e Literatura, os currículos presentan contidos similares en gran medida, e unha distribución igualmente similar en cada un dos cursos que conforman a educación secundaria obrigatoria e o bacharelato. Evidentemente, cada lingua ten as súas características propias, que requiren un tratamento e un traballo específicos, pero hai determinados aspectos do currículo que, pola afinidade ou similitude que presentan en ambas as áreas, precisan ben seren abordados de maneira parella, ben seren presentados só nunha lingua pero traballados e practicados en cada unha delas, e utilizar a mesma terminoloxía nas dúas linguas para non dificultar innecesariamente o proceso de aprendizaxe do alumnado. Por tanto, o profesorado implicado no proceso de ensino e aprendizaxe de Lingua Castelá e Literatura e de Lingua Galega e Literatura, en cada curso de ambas as etapas, deberá organizar o seu labor nun currículo integrado, que transcenda as linguas nas que un aprendiz sexa capaz de comunicarse. Isto supón recoñecer a existencia dunha competencia global para a comunicación lingüística e implica non só evitar a repetición de contidos nos aspectos comúns á aprendizaxe de calquera lingua, como son as estratexias de lectura ou o proceso de escritura, a tipoloxía textual ou a definición de termos lingüísticos; senón tamén, e especialmente, priorizar a realización de actividades comunicativas de produción e comprensión de textos orais e escritos, pois destas depende o desenvolvemento da competencia xeral en comunicación lingüística.

Ademais, nos centros docentes teñen presenza linguas estranxeiras que tamén se abordan na aula desde un enfoque comunicativo e intercultural, pois o coñecemento dos valores e as crenzas compartidas por grupos sociais doutros países resulta esencial para a comunicación nesta sociedade globalizada. Así, para o tratamento integrado de linguas é preciso que, igual que acontece non caso das dúas linguas cooficiais, haxa unha coordinación entre o profesorado destas e o de linguas estranxeiras, para evitar a repetición de contidos na liña das que se mencionaron para as linguas ambientais, e para unificar a terminoloxía. Non se pode esquecer que o achegamento do alumnado á lingua estranxeira se produce, na maior parte dos casos, partindo das linguas próximas, a materna e ambientais.

Igualmente presentes nas aulas están as linguas clásicas, o latín e o grego, cuxo estudo a nivel fonético, morfosintáctico e léxico proporciona unha sólida base para o perfeccionamento no manexo doutras linguas. Desempeñan, pois, un papel relevante como soporte lingüístico da maioría das linguas e para a comprensión do léxico culto que forma gran parte da terminoloxía científica e técnica actual nas linguas que o alumnado coñece ou estuda; sen esquecer o enriquecemento cultural que lle proporciona o coñecemento dos aspectos que se inclúen na civilización clásica, berce da Europa actual, como son, entre outros, a mitoloxía, a relixión ou as súas creacións literarias e artísticas, que tanta influencia tiveron en épocas posteriores e seguen a ter hoxe en día. Xa que logo, é esencial a incorporación das linguas clásicas ao currículo integrado das linguas, para reforzar a reflexión lingüística do noso alumnado e fortalecer o seu acceso á cultura literaria.

Resulta obvio que, para a posta en práctica destes currículos integrados e o logro dos obxectivos plurilingües e interculturais que se perseguen, o profesorado é un elemento determinante, xa que deberá potenciar unha metodoloxía adecuada para levar a cabo enfoques comunicativos e proxectos plurais e transversais, promover a reflexión metacomunicativa e metalingüística e o contraste entre linguas, ou asegurar accións coordinadas entre os departamentos lingüísticos para decidir, entre outros, desde que lingua abordar o estudo dos xéneros discursivos ou as estratexias e os procesos cognitivos que están na base das actividades lingüísticas. Todo isto coa finalidade de construír en cada centro docente a coherencia pedagóxica no ensino das linguas.

As materias cuxos currículos se desenvolven ao abeiro desta introdución, as linguas, teñen como obxectivo o desenvolvemento da competencia comunicativa do alumnado, entendida en todas as súas vertentes: pragmática, lingüística, sociolingüística e literaria. Así, achegan as ferramentas e os coñecementos necesarios para desenvolverse satisfactoria e eficazmente en calquera situación de comunicación da vida privada, social e profesional. Eses coñecementos, que articulan os procesos de comprensión e expresión oral por unha banda, e de comprensión e expresión escrita por outra, constitúen instrumentos esenciais para a aprendizaxe no ámbito educativo e, posteriormente, ao longo da vida.

A reflexión literaria, presente nun bloque de contidos nas linguas ambientais, o galego e o castelán, e nas linguas clásicas, a través da lectura, mediante a comprensión e interpretación de textos significativos favorece o coñecemento das posibilidades expresivas da lingua, desenvolve a capacidade crítica e creativa dos/das estudantes, dálles acceso á memoria, á creatividade, á imaxinación, á descuberta das outras persoas, ao coñecemento doutras épocas e culturas, e enfróntaos/as a situacións, sentimentos e emocións nunca experimentados, que enriquecen a súa visión do mundo e favorecen o coñecemento deles/as mesmos/as.

En definitiva, estas materias lingüísticas perseguen o obxectivo último de contribuír á formación de cidadáns e cidadás cunha competencia comunicativa que lles permita interactuar satisfactoriamente en todos os ámbitos que forman e van formar parte da súa vida. Isto esixe unha reflexión sobre os mecanismos de usos orais e escritos da súa propia lingua, e das outras linguas que estudan e coñecen, e a capacidade de interpretar e valorar o mundo, de formar as súas opinións, propias, claras e fundamentadas, e de gozar, a través da lectura crítica de obras literarias.

A materia de Lingua Castelá e Literatura ten como obxectivo o desenvolvemento da competencia comunicativa do alumnado, entendida en todas as súas vertentes: pragmática, lingüística, sociolingüística e literaria. A estruturación do pensamento do ser humano faise a través da linguaxe; de aí que esta capacidade de comprender e de expresarse sexa o mellor e o máis eficaz instrumento de aprendizaxe.

Co bloque de "Comunicación oral: escoitar e falar" procúrase que os alumnos e as alumnas vaian adquirindo as habilidades necesarias para comunicar con precisión as súas propias ideas, realizar discursos cada vez máis elaborados de acordo cunha situación comunicativa, e escoitar activamente interpretando de xeito correcto as ideas dos demais.

O bloque de "Comunicación escrita: ler e escribir" persegue que o alumnado sexa capaz de entender e producir textos de distinto grao de complexidade e de xéneros diversos, en distintos soportes e formatos. Comprender un texto implica activar unha serie de estratexias de lectura. Así mesmo, a escritura implica un procedemento estruturado en tres partes: planificación, redacción a partir de borradores de escritura e revisión destes antes de redactar o texto definitivo.

O bloque de "Coñecemento da lingua" responde á necesidade de reflexión sobre os mecanismos lingüísticos que regulan a comunicación, e afástase da pretensión de utilizar os coñecementos lingüísticos como un fin en si mesmos para devolverlles a súa funcionalidade orixinal: servir de base para o uso correcto da lingua.

O bloque de "Educación literaria" asume o obxectivo de facer dos/das escolares lectores/as cultos/as e competentes, implicados/as nun proceso de formación lectora que continúe ao longo de toda a vida. É un marco conceptual que alterna a lectura, a comprensión e a interpretación de obras literarias próximas aos seus gustos persoais e á súa madureza cognitiva coa de textos literarios e obras completas representativas da literatura en español.



2. OBXECTIVOS DA ESO.

a) Asumir responsablemente os seus deberes, coñecer e exercer os seus dereitos no respecto ás demais persoas, practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade entre as persoas e os grupos, exercitarse no diálogo, afianzando os dereitos humanos e a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, como valores comúns dunha

sociedade plural, e prepararse para o exercicio da cidadanía democrática.

b) Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en equipo, como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal.

c) Valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades entre eles. Rexeitar a discriminación das persoas por razón de sexo ou por calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social. Rexeitar os estereotipos que supoñan discriminación entre homes e mulleres, así como calquera manifestación de violencia contra a muller.

d) Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións coas demais persoas, así como rexeitar a violencia, os prexuízos de calquera tipo e os comportamentos sexistas, e resolver pacificamente os conflitos.

e) Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes de información, para adquirir novos coñecementos con sentido crítico. Adquirir unha preparación básica no campo das tecnoloxías, especialmente as da información e a comunicación.

f) Concibir o coñecemento científico como un saber integrado, que se estrutura en materias, así como coñecer e aplicar os métodos para identificar os problemas en diversos campos do coñecemento e da experiencia.

g) Desenvolver o espírito emprendedor e a confianza en si mesmo, a participación, o sentido crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender, planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades.

h) Comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito, na lingua galega e na lingua castelá, textos e mensaxes complexas, e iniciarse no coñecemento, na lectura e no estudo da literatura.

i) Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada.

l) Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura e da historia propias e das outras persoas, así como o patrimonio artístico e cultural. Coñecer mulleres e homes que realizaran achegas importantes á cultura e á sociedade galega, ou a outras culturas do mundo.

m) Coñecer e aceptar o funcionamento do propio corpo e o das outras persoas, respectar as diferenzas, afianzar os hábitos de coidado e saúde corporais, e incorporar a educación física e a práctica do deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social.

Coñecer e valorar a dimensión humana da sexualidade en toda a súa diversidade. Valorar criticamente os hábitos sociais relacionados coa saúde, o consumo, o coidado dos seres vivos e o medio ambiente, contribuíndo á súa conservación e á súa mellora.

n) Apreciar a creación artística e comprender a linguaxe das manifestacións artísticas, utilizando diversos medios de expresión e representación.

ñ) Coñecer e valorar os aspectos básicos do patrimonio lingüístico, cultural, histórico e artístico de Galicia, participar na súa conservación e na súa mellora, e respectar a diversidade lingüística e cultural como dereito dos pobos e das persoas, desenvolvendo actitudes de interese e respecto cara ao exercicio deste dereito.

o) Coñecer e valorar a importancia do uso da lingua galega como elemento fundamental para o mantemento da identidade de Galicia, e como medio de relación interpersoal e expresión de riqueza cultural nun contexto plurilingüe, que permite a comunicación con outras linguas, en especial coas pertencentes á comunidade lusófona.

3. COMPETENCIAS CLAVE.

Comunicación lingüística (CCL).

Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCCT).

Competencia dixital (CD).

Aprender a aprender (CAA).

Competencias sociais e cívicas (CSC).

Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE).

Conciencia e expresións culturais (CCEC).


4. CADRO DE OBXECTIVOS, CONTIDOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN, ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE E COMPETENCIAS CLAVE.





Lingua Castelá e Literatura. 1º de ESO




Obxectivos

Contidos

Criterios de avaliación

Estándares de Aprendizaxe

Competencias clave




Bloque 1. Comunicación oral: escoitar e falar




  • h

  • m

  • B1.1. Escoita activa e observación das normas básicas que favorecen a comunicación.

  • B1.1. Escoitar de forma activa e comprender o sentido global de textos orais.

  • LCLB1.1.1. Recoñece e asume as regras de interacción, intervención e cortesía que regulan os debates e calquera intercambio comunicativo oral.

  • CCL

  • CSC

  • a

  • d

  • g

  • B1.2. Participación en debates, coloquios e conversas espontáneas respectando as normas básicas de interacción, intervención e cortesía que regulan estas prácticas orais.

  • B1.2. Valorar a importancia da conversa na vida social practicando actos de fala (contando, describindo, opinando, dialogando, etc.), en situacións comunicativas propias da actividade escolar.

  • LCLB1.2.1. Intervén en actos comunicativos orais e valora a súa participación.

  • CCL

  • CSIEE

  • h

  • B1.3. Coñecemento e uso progresivamente autónomo das estratexias necesarias para a produción e a avaliación de textos orais. Aspectos verbais e non verbais.

  • B1.3. Recoñecer, interpretar e avaliar progresivamente a claridade expositiva, a adecuación, a coherencia e a cohesión do contido das producións orais propias e alleas, así como os aspectos prosódicos e os elementos non verbais (acenos, movementos, ollada, etc.).

  • LCLB1.3.1. Coñece o proceso de produción de discursos orais valorando a claridade expositiva, a adecuación, a coherencia do discurso e a cohesión dos contidos.

  • CCL

  • CAA

  • LCLB1.3.2. Recoñece a importancia dos aspectos prosódicos, da linguaxe non verbal, da xestión de tempos e do emprego de axudas audiovisuais en calquera tipo de discurso.

  • CD

  • LCLB1.3.3. Recoñece os erros da produción oral propia e allea a partir da práctica habitual da avaliación e autoavaliación, e propón solucións para melloralas.

  • CAA

  • g

  • h

  • B1.4. Coñecemento, uso e aplicación das estratexias necesarias para falar en público: planificación do discurso, prácticas orais formais e informais, e avaliación progresiva.

  • B1.4. Aprender a falar en público, en situacións formais e informais, de xeito individual ou en grupo.

  • LCLB1.4.1. Realiza presentacións orais.

  • CCL

  • a

  • d

  • h

  • m

  • B1.5. Creación de textos orais e audiovisuais que reproduzan situacións reais ou imaxinarias de comunicación.

  • B1.5. Reproducir situacións reais ou imaxinarias de comunicación potenciando o desenvolvemento progresivo das habilidades sociais, a expresión verbal e non verbal, e a representación de realidades, sentimentos e emocións.

  • LCLB1.5.1. Dramatiza e improvisa situacións reais ou imaxinarias de comunicación.

  • CSC




Bloque 2. Comunicación escrita: ler e escribir




  • h

  • n

  • B2.1. Lectura, comprensión, interpretación e valoración de textos escritos de ámbito persoal, educativo ou escolar, e de ámbito social.

  • B2.1. Ler, comprender, interpretar e valorar textos en diferentes formatos e soportes.

  • LCLB2.1.1. Retén información e recoñece a idea principal e as ideas secundarias, comprendendo as relacións entre elas.

  • CCL

  • LCLB2.1.2. Entende instrucións escritas de certa complexidade que lle permiten desenvolverse en situacións da vida cotiá e nos procesos de aprendizaxe.

  • CCL

  • LCLB2.1.3. Interpreta, explica e deduce a información dada en diagramas, gráficas, fotografías, mapas conceptuais, esquemas, etc.

  • CMCCT

  • b

  • e

  • h

  • B2.2. Utilización progresivamente autónoma da biblioteca escolar e das tecnoloxías da información e da comunicación como fonte de obtención de información. Educación para o uso, o tratamento e a produción de información.

  • B2.2. Procurar e manexar información, na biblioteca e noutras fontes, en papel ou dixital, para integrala nun proceso de aprendizaxe continua.

  • LCLB2.2.1. Utiliza, de xeito autónomo, diversas fontes de información integrando os coñecementos adquiridos nos seus discursos orais ou escritos.

  • CD

  • LCLB2.2.2. Coñece e manexa habitualmente dicionarios impresos ou en versión dixital.

  • CD

  • LCLB2.2.3. Coñece o funcionamento de bibliotecas (escolares, locais, etc.) e de bibliotecas dixitais, e é capaz de solicitar autonomamente libros, vídeos, etc.

  • CD

  • g

  • h

  • B2.3. Coñecemento e uso das técnicas e estratexias para a produción de textos escritos: planificación, obtención de datos, organización da información, redacción e revisión do texto. A escritura como proceso.

  • B2.3. Aplicar progresivamente as estratexias necesarias para producir textos adecuados, coherentes e cohesionados.

  • LCLB2.3.1. Aplica técnicas diversas para planificar os seus escritos (esquemas, árbores, mapas conceptuais etc.) e redacta borradores de escritura.

  • CSIE

  • h

  • l

  • B2.4. Produción de textos escritos e audiovisuais relacionados co ámbito persoal, co educativo ou escolar e co social.

  • B2.5. Produción de textos escritos e audiovisuais narrativos, descritivos, instrutivos, expositivos e argumentativos e escritura de textos dialogados.

  • B2.4. Escribir textos en diferentes soportes e formatos, en relación co ámbito de uso.

  • LCLB2.4.1. Escribe textos propios do ámbito persoal e familiar, escolar ou educativo e social, imitando textos modelo.

  • CCL

  • LCLB2.4.2. Escribe textos narrativos, descritivos e instrutivos, expositivos, argumentativos e dialogados, imitando textos modelo.

  • CCL

  • LCLB2.4.3. Realiza esquemas e mapas, e explica por escrito o significado dos elementos visuais que poden aparecer nos textos.

  • CMCCT

  • CD




Bloque 3. Coñecemento da lingua




  • b

  • h

  • B3.1. Recoñecemento, uso e explicación das categorías gramaticais: substantivo, adxectivo, determinante, pronome, verbo, adverbio, preposición, conxunción e interxección.

  • B3.2. Coñecemento, uso e valoración das normas ortográficas e gramaticais, recoñecendo o seu valor social e a necesidade de cinguirse a elas para conseguir unha comunicación eficaz.

  • B3.1. Aplicar os coñecementos sobre a lingua e as súas normas de uso para resolver problemas de comprensión de textos orais e escritos e para a composición e a revisión progresivamente autónoma dos textos propios e alleos.

  • LCLB3.1.1. Recoñece e explica o uso das categorías gramaticais nos textos, e utiliza este coñecemento para corrixir erros de concordancia en textos propios e alleos.

  • CCL

  • LCLB3.1.2. Recoñece e corrixe erros ortográficos e gramaticais en textos propios e alleos, aplicando os coñecementos adquiridos para mellorar a produción de textos nas súas producións orais, escritas e audiovisuais.

  • CCL

  • LCLB3.1.3. Coñece e utiliza adecuadamente as formas verbais nas súas producións orais e escritas.

  • CCL

  • e

  • h

  • B3.3. Manexo de dicionarios e outras fontes de consulta en papel e formato dixital sobre o uso da lingua.

  • B3.2. Usar de forma efectiva os dicionarios e outras fontes de consulta, tanto en papel como en formato dixital, para resolver dúbidas en relación ao manexo da lingua e para enriquecer o propio vocabulario.

  • LCLB3.2.1. Utiliza fontes variadas de consulta en formatos diversos para resolver as súas dúbidas sobre o uso da lingua e para ampliar o seu vocabulario.

  • CD

  • h

  • B3.4. Recoñecemento, uso e explicación dos conectores textuais e dos principais mecanismos de referencia interna, tanto gramaticais como léxicos.

  • B3.3. Identificar os conectores textuais e os principais mecanismos de referencia interna presentes nos textos, recoñecendo a súa función na organización do contido do discurso.

  • LCLB3.3.1. Recoñece, usa e explica os conectores textuais (de adición, contraste e explicación) e os principais mecanismos de referencia interna, gramaticais (substitucións pronominais) e léxicos (elipse e substitucións mediante sinónimos e hiperónimos), valorando a súa función na organización do contido do texto.

  • CCL

  • a

  • h

  • B3.5. Recoñecemento, uso e explicación dos recursos de modalización en función da persoa que fala ou escribe. Expresión da obxectividade e da subxectividade a través das modalidades oracionais e as referencias internas ao emisor e ao receptor nos textos.

  • B3.4. Identificar a intención comunicativa da persoa que fala ou escribe.

  • LCLB3.4.1. Recoñece a expresión da obxectividade ou subxectividade identificando as modalidades asertivas, interrogativas, exclamativas, desiderativas, dubitativas e imperativas en relación coa intención comunicativa do emisor.

  • CSC

  • CCL

  • i

  • l

  • B3.6. Participación en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, recensións sobre libros e películas, etc.) nos que se utilicen varias linguas, tanto curriculares como outras presentes no centro docente, e relacionados cos elementos transversais, evitando estereotipos lingüísticos ou culturais.

  • B3.5. Participar en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, recensións sobre libros e películas, etc.) nos que se utilicen varias linguas, tanto curriculares como outras presentes no centro docente, e relacionados cos elementos transversais, evitando estereotipos lingüísticos ou culturais.

  • LCLB3.5.1. Participa en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, recensións sobre libros e películas, obras de teatro, etc.) nos que se utilizan varias linguas e relacionados cos elementos transversais, evita estereotipos lingüísticos ou culturais, e valora as competencias que posúe como persoa plurilingüe.

  • CCL

  • CAA

  • a

  • h

  • i

  • ñ

  • o

  • B3.7. Recoñecemento da diversidade lingüística propia do ámbito persoal, social e mediático.

  • B3.6. Recoñecer e valorar a diversidade lingüística, con especial atención á realidade do centro docnete e do ámbito social do alumnado.

  • LCLB3.6.1. Coñece e valora a diversidade lingüística do seu grupo, do centro docente e do seu ámbito social próximo.

  • CSC

  • g

  • h

  • B3.8. Identificación e progresiva utilización dos coñecementos sobre as linguas para desenvolver unha competencia comunicativa integrada.

  • B3.7. Reflexionar sobre o sistema e as normas de uso das linguas, mediante a comparación e a transformación de textos, enunciados e palabras, e utilizar estes coñecementos para solucionar problemas de comprensión e para a produción de textos.

  • LCLB3.7.1. Utiliza os coñecementos lingüísticos de ámbito contextual, textual, oracional e da palabra, desenvolvidos no curso nunha das linguas, para mellorar a comprensión e produción dos textos traballados en calquera das outras.

  • CAA




Bloque 4. Educación literaria




  • h

  • l

  • n

  • B4.1. Lectura libre de obras da literatura española e universal, e da literatura xuvenil, como fonte de pracer, de enriquecemento persoal e de coñecemento do mundo, para lograr o desenvolvemento dos seus propios gustos e intereses literarios, e a súa autonomía de lectura.

  • B4.1. Ler fragmentos ou obras da literatura española e universal de todos os tempos, e da literatura xuvenil, próximas aos propios gustos e ás propias afeccións, amosando interese pola lectura.

  • LCLB4.1.1. Le e comprende cun grao crecente de interese e autonomía obras literarias próximas aos seus gustos, ás súas afeccións e aos seus intereses.

  • CCL

  • CCEC

  • h

  • l

  • n

  • B4.1. Lectura libre de obras da literatura española e universal, e da literatura xuvenil, como fonte de pracer, de enriquecemento persoal e de coñecemento do mundo, para lograr o desenvolvemento dos seus propios gustos e intereses literarios, e a súa autonomía de lectura.

  • B4.2. Fomentar o gusto e o hábito pola lectura en todas as súas vertentes: como fonte de acceso ao coñecemento e como instrumento de lecer e diversión que permite explorar mundos diferentes aos nosos, reais ou imaxinarios.

  • LCLB4.2.1. Fala na clase dos libros e comparte as súas impresións cos compañeiros e coas compañeiras.

  • CCEC

  • LCLB4.2.2. Dramatiza fragmentos literarios breves desenvolvendo progresivamente a expresión corporal como manifestación de sentimentos e emocións, respectando as producións das demais persoas.

  • CCEC

  • CSC

  • h

  • l

  • n

  • B4.2. Redacción de textos de intención literaria a partir da lectura de textos utilizando as convencións formais do xénero e con intención lúdica e creativa.

  • B4.3. Redactar textos persoais de intención literaria seguindo as convencións do xénero, con intención lúdica e creativa.

  • LCLB4.3.1. Redacta textos persoais de intención literaria a partir de modelos dados seguindo as convencións do xénero con intención lúdica e creativa.

  • CCL

  • CCEC

  • LCLB4.3.2. Desenvolve o gusto pola escritura como instrumento de comunicación capaz de analizar e regular os seus propios sentimentos.

  • CCEC

  • CSIE


  1   2   3   4   5   6   7   8   9   ...   47


La base de datos está protegida por derechos de autor ©espanito.com 2016
enviar mensaje